Novo portátil completo a só 299 euros

luns, 21 de abril do 2008 Marcus Fernández

Nun momento no que os ordenadores ultraportátiles de baixo custo están emerxendo, algúns fabricantes pretende achegar equipos a un prezo semellante, pero con maiores prestacións, coma Zepto, que presentou o seu portátil Titan, que por só 299 euros inclúe un procesador Celeron M550 a 2 GHZ, 1 Gb de memoria RAM, disco duro SATA de 80 Gb, unha pantalla de 15,4 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 píxeles, unha unidades lectora de DVD/gravadora de CD, lector de tarxetas de memoria, Ethernet, Firewire, saída de VGA e Wi-Fi, podendo funcionar tanto con Windows Vista coma con XP.
Sen dúbida, unha opción moi interesante para quen queira facerse cun equipo informático de uso básico e non precise de grande portabilidade.

PUBLICIDADE