Novo proxector de tiro ultracurto de LG
venres, 3 de xaneiro do 2025
Xunto coa proposto de proxector con forma de lámpada de pé, LG vai levar ao CES de Las Vegas o novo proxector CineBeam S (modelo PU615U), que é o proxector de tiro ultracurto 4K máis cativo da compañÃa, que combina unha grande calidade de imaxe cun formato pequeno e lixeiro.
O novo proxector ten un brillo de 500 lumenes ANSI e pode proxectar imaxes de entre 40 a 100 polgadas a poucos centÃmetros da parece, aproveitando ao máximo o espazo no fogar. Ten un acabado metálico minimalista, integra altofalantes estéreo con Dolby Atmos e tamén conta con webOS para poder acceder directamente ás principais plataformas audiovisuais en streaming.
Como vén a ser habitual neste tipo de proxectores, o LG CineBeam S tamén conta con tecnoloxÃa de axuste automático de pantalla, pode axustarse á cor da parece e tamén fai doado axustar o tamaño de pantalla, de xeito que pode adaptarse de xeito doado a varias estancias e superficies.
- O LG CineBeam S pode proxectar unha imaxe de 100 polgadas a poucos centÃmetros de distancia