Novo rato táctil de MSI

mércores, 15 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Os xestos táctiles popularizados por dispositivos coma o iPhone están a ter certo éxito en interfaces de control en equipos informáticos, e así coma xa temos o Magic Mouse e o Magic Trackpad de Apple e o rato Arc Touch de Microsoft, chega agora o MSI iTouch, un rato informático con 3 zonas táctiles que facilitan funcións coma os desprazamentos de pantalla, o zoom ou a navegación web.
O rato ten unha cona central que substitúe a xa tradicional scroll wheel, ou sexa, que serve para os desprazamentos verticais, contando tamén con dúas zonas (arriba e debaixo de tal área) que podemos pulsar para complementar con xestos. É compatible con Mac OS X e Windows, comunícase co ordenador sen fíos a través dun receptor USB incluído e agárdase que teña un prezo duns 50 euros.


Explicación do funcionamento do MSI iTouch

PUBLICIDADE