Novo rato táctil de Verbatim
luns, 24 de xaneiro do 2011
Tras a chegada do
Magic Mouse de Apple, moitos son os fabricantes que procuran achegar ao mercado
ratos informáticos con superficie táctil, evitando así pezas móbiles coma
botóns ou a roda de desprazamento, e unha das últimas compañías en anunciar un
rato deste tipo resulta ser Verbatim, que co seu Wireless
Optical Touch Mouse permite aos usuarios de Windows 7 mellorar a súa
experiencia de uso do Internet Explorer ou de Windows Live Photo Gallery
mediante xestos táctiles, á vez que tamén soporta os xestos tradicionais nos
ratos con botóns físicos.
Este rato funciona cun receptor USB de tamaño reducido que opera na banda dos
2,4 GHz. É compatible con Windows 7/Vista/XP, precisa de 2 pilas AA para operar
e chegará ás tendas en breve, descoñecéndose polo momento a data e o prezo do
seu lanzamento.