Novo receptor de televisión móbil de Motorola

xoves, 27 de marzo do 2008 Marcus Fernández

Motorola anunciou un novo reprodutor portátil de televisión móbil baixo o estándar DVB-H (que vén de ser recoñecido coma oficial en Europa), o Motorola DH02, que tamén incorpora un receptor GPS (complementado por mapas de Tele Atlas), canle de retorno a través de HSDPA/GPRS (para contidos interactivos) e unha pantalla táctil con resolución WQVGA con función de xiro automático.
O dispositivo tamén se pode empregar para acceder a contidos de vídeo, música e imaxes a través de tarxetas microSD e conta cunha memoria intermedia que pode almacenar ata 5 minutos de emisión televisiva para poder empregar funcións de time shifting.

PUBLICIDADE