Novo móbil de pulso con correa de silicona
luns, 13 de decembro do 2010
Unha aparencia
semellante á funda de
silicona Slap de Griffin que convertÃa un iPod nano nun reloxo de pulso,
chega o sWaP Rebel, un
auténtico móbil de pulso, cunha pantalla táctil de 1,46 polgadas cunha
resolución de 176 x 132 pÃxeles, conectividade GSM, cámara (fotográfica e de
vÃdeo), micrófono para poder operar en mans libres, reprodución multimedia
(MIDI, WAV, AAC, MP3, 3GP e MPEG-4) dende tarxetas microSD (de ata 8 Gb,
incluÃndo de serie unha de 2 Gb), radio FM, conectividade USB 2.0 e Bluetooth
(para transferencia de datos, para mans libres ou para a reprodución musical en
estéreo), baterÃa de 240 mAh (o que permÃtelle unha autonomÃa en conversa de
entre 130 e 160 minutos e de 85 horas en espera), unhas medidas de 205 x 46,5 x
17,5 milÃmetros e pesa 65 gramos.
Está dispoñible en varias cores (negro, rosa, laranxa, branco e verde) e xa á
venda no Reino Unido por 199 libras esterlinas (uns 235,78 euros). Como
curiosidade pódese comentar que a súa correa de silicona é resistente á auga e
o trebello pode conectarse por USB a un ordenador tanto para a transferencia de
datos como para recargar a súa baterÃa.
- O reloxo pode cargarse por USB