Novo reprodutor multimedia doméstico de Pinnacle

luns, 21 de abril do 2008 Marcus Fernández

En maio se comezará a vender en España o Pinnacle ShowCenter 250HD que é un impresionante reprodutor multimedia compatible con UPnP AV (ou sexa, que pode achegar contidos de servidores baixo este formato, o que podería incluír a ordenadores con Windows XP, Vista ou Mac OS X).
O dispositivo inclúe tanto porto Ethernet coma conexión Wi-Fi, o que é o seu punto máis destacable, e tamén soporta numerosos formatos de audio (MP3, WMA, WMA Pro, WMA sen perda e WAV PCM) e vídeo (WMV, WMV-DRM, MPEG-1/2/4 e XviD ata 1.080 liñas en entrelazado). Os contidos poden estar en equipos conectados en rede ou en dispositivos aos que se conecte por USB.
Para conectar ou televisor podemos empregar as súas saídas por compoñentes, por composto, S-Video e mesmo de audio dixital. O sinal de vídeo pode ser de alta definición pese a non contar con saída HDMI.

PUBLICIDADE