Novo reprodutor multimedia con pantalla táctil de Zipy

luns, 4 de agosto do 2008 Marcus Fernández

O Zipy Kanguro é un novo reprodutor multimedia que parece querer ser un iPod Touch de baixa gama, pois conta cunha pantalla táctil de 2,4 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles (que serve para controlar o dispositivo), reproduce música en MP3, WMA, FLAC e APE, vídeo en AVI (inclúe un conversor para adaptar vídeos ao formato compatible co trebello), imaxes JPEG e BMP.
A capacidade de almacenamento que ten é de 2 Gb, ampliable mediante tarxetas microSD, incluíndo tamén gravadora de voz, emisor de FM (para poder escoitar a música a través da radio do coche) e ten unha autonomía de 10 horas para audio e 4 para vídeo, o que non está mal para o seu prezo (74,90 euros).

PUBLICIDADE