Novo sistema de almacenamento en rede con soporte de BitTorrent
martes, 24 de xuño do 2008
O D-Link DNS-323 é
un novo dispositivo de almacenamento en rede que permite incorporar no seu
interior 2 discos duros SATA de 3,5 polgadas instalables sen utilizar ningunha
ferramenta nin conectar cables, e que mantén os datos almacenados protexidos
mediante tecnoloxía RAID 1.
Ademais, o dispositivo é compatible cos protocolos FTP, UPnP AV, servidor
iTunes e servidor de impresoras, polo que é unha solución moi interesante para
compartir contidos multimedia en contornos domésticos e corporativos que
destaca por incluír de serie un cliente de BitTorrent, o que permite descargar
ficheiros de redes P2P sen a necesidade de ter o PC acendido durante a
descarga.
Pese ás súas prestacións, o seu prezo non é moi elevado (uns
200 dólares).