Novo televisor de LG con pantalla 3D de 27 polgadas
luns, 27 de agosto do 2012
LG vai amosar no IFA de BerlÃn un novo televisor de 27
polgadas, o TM2792
Personal Smart TV, que inclúe unha serie de prestacións máis propias de televisores
de grande tamaño, como funcionalidades de Smart TV, tecnoloxÃa Cinema 3D (para
poder gozar de contidos estereoscópicos con lentes pasivas), SmartShare (para
facilitar o acceso a contidos externos por MHL e WiDi), soporte de DLNA, 3
portos USB, 2 portos HDMI e, para completar este excelente produto, un papel
IPS cunha resolución de 1.920 x 1.080 pÃxeles.
O televisor pode acceder a numerosas aplicacións e contidos distribuÃdos
dixitalmente por LG, navegando
entre os contidos multimedia mediante un Magic
Remote, ou incluso cun rato e un teclado. Unha grande solución para o
consumo multimedia persoal que chegará ao mercado europeo no mes de setembro a un
prezo por anunciar.