Novo todo-en-un con pantalla táctil de Acer

xoves, 15 de outubro do 2009 Marcus Fernández

De cara ao lanzamento de Windows 7 e ao seu soporte de tecnoloxía multi-táctil, Hacer anuncia o seu ordenador Aspire Z5610, que é un todo-en-un que funciona cun procesador Pentium Dual Core E5300 a 2,6 GHz, tarxeta gráfica ATI Mobility Radeon HD4570, 4 Gb de RAM (ampliable a 8 Gb), disco duro de 320 Gb, son 5.1, Wi-Fi N, webcam, micrófono, unidade óptica, lector de tarxetas de memoria, Gigabit Ethernet, eSATA e 6 portos USB 2.0, integrando estes elementos nunha pantalla multi-táctil de 23 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles que estará á venda antes do Nadal nos EE.UU. por 899,99 dólares (601,03 euros).
O equipo incluirá o paquete de aplicacións Acer TouchSuite, con aplicacións deseñadas para interactuar con fotografías, servizos sociais, a Internet e a multimedia por medio do PC.

PUBLICIDADE