Novo todo-en-un de Lenovo
mércores, 7 de xullo do 2010
O vindeiro 17 de xullo porase á venda no Xapón o novo Lenovo IdeaCentre
A310, equipo todo-en-un que funciona cun procesador Core i3-350M a 2,26 GHz
fabricado con tecnoloxía de 32nm e cun procesador gráfico integrado de 45nm
capaz de procesar vídeo en alta definición, polo que estamos ante un equipo
tecnoloxicamente bastante avanzado que venderase
por 109.000 iens (983,18 euros).
O IdeaCentre A310 ten unha pantalla de 21,5 polgadas con retroiluminación LED
cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles, 3 Gb de RAM (ampliables a 8 Gb), sistema
operativo Windows 7 Home Premium de 64 bits con Office Personal 2010, disco
duro de 500 Gb, gravadora de DVD, lector de tarxetas de memoria 7-en-1, 4
portos USB 2.0 e Bluetooth (tecnoloxía coa que se conecta o seu teclado e
rato).