Novo todo-en-un de Velocity Micro

martes, 4 de decembro do 2012 Marcus Fernández

O fabricante Velocity Micro, coñecido nos últimos tempos principalmente por varios tablets a prezos bastante axustados, chega agora cun novo ordenador todo-en-un, o Edge AIO, que cunha pantalla LED de 23,6 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles quere facerse un sitio no fogar grazas ao seu elegante deseño e a un prezo que parte dos 799 dólares (609,12 euros).
Este equipo pode configurarse con procesadores Intel Core i3/i5/i7, 4 ou 8 Gb de RAM e disco duro ou unidade de estado sólido, mentres que o equipo base tamén conta con gravadora de DVD, Wi-Fi N, Bluetooth, USB 3.0, saída de vídeo de alta definición, webcam (720p) e Gigabit Ethernet. Curiosamente inclúe Windows 7, e para configuralo con Windows 8 hai que adquirir un disco adicional, o que resulta un tanto rechamante, pois agora que Windows 8 xa está no mercado o máis natural sería que viñese preinstalado nos equipos e non deixasen o proceso de actualización nas mans do usuario.

PUBLICIDADE