Novos MacBook Pro con procesadores M4
mércores, 30 de outubro do 2024
Tras os iMac con M4 e o redeseño do Mac mini, Apple pecha a semana de anuncios con novos modelos de MacBook Pro con M4, cos que buscan marcar o comezo da nova era con Apple Intelligence, o que tamén afecta aos MacBook Air que, pese a non experimentar aÃnda unha renovación, mudaron a súa polÃtica de prezos, de xeito que agora o seu modelo base conta con 16 GB de RAM sen incremento de prezo (incluso nos modelos con M2).
Os novos MacBook Pro estarán dispoñibles con pantallas de 14 e 16 polgadas e con procesadores M4, M4 Pro e M4 Max, adaptándose asà a un amplo abano de usuarios esixentes, que buscan equipos de grande rendemento, magnÃfica autonomÃa e cunha pantalla de grande calidade e elevado brillo (consegue até 1.000 nits en contido estándar e até 1.600 nits de pico en contido con HDR).
O equipo máis básico dos presentados serÃa o MacBook Pro de 14 polgadas cun procesador M4 e 16 GB de memoria unificada, que terÃa un prezo de saÃda de 1.929 euros e ofrecerÃase en cor negro espacial e prata. ManterÃa prestacións (tres portos Thunderbolt 4, porto HDMI, lector de tarxetas SDXC, Touch ID...) de incrementar a súa memoria e almacenamento, pero ao dar o salto a un procesador M4 Pro ou M4 Max xa se gozarÃa da tecnoloxÃa Thunderbolt 5, o que pode resultar atractivo para usuarios con grandes esixencias (permite transferencias de datos de até 120 GB/segundo) que teñan previsto dar unha longa vida ao equipo.
Cómpre salientar que con pantalla de 16 polgadas só é posible configurar o equipo cun procesador M4 Pro ou M4 Max, sendo a configuración máis completa posible un MacBook Pro de 16 polgadas con procesador M4 Max, 128 GB de memoria unificada, 8 TB de almacenamento e pantalla con vidro nanotexturizado, o que levarÃa o seu prezo até os 8.599 euros, deixando claro estamos ante un produto para uso profesional.
Dende Apple insisten moito en que coa familia M4 os novos equipos destacan no uso da intelixencia artificial (algo que terán que demostrar ao longo do tempo) pero tamén que conseguen un grande rendemento, conseguindo autonomÃas de até 24 horas, polo que serÃan os portátiles con maior duración de baterÃa na historia da compañÃa.
Tamén salientan o feito de integrar unha nova cámara de 12 MpÃxeles con encadre automático, que xuntos cos micrófonos de calidade integrados fai que para as comunicacións en vÃdeo sexan un produto extraordinario.
Os novos MacBook Pro xa poden reservarse e comezarán a chegar a mans dos compradores o 8 de novembro.
VÃdeo de presentación dos novos MacBook Pro