Novos auriculares resistentes á agua

mércores, 7 de novembro do 2007 Marcus Fernández

H2O Audio anuncia o lanzamento da súa terceira xeración de tecnoloxía de altofalantes que mellora o son baixo a auga que chega ó mercado cos auriculares resistentes á auga H3, que melloran o seu volume ata conseguir unha saída de 10 dB.
Os auriculares H3 teñen un silenciador acuático que reduce o ruído externo, de xeito que os amantes dos deportes acuáticos poderán aproveitar tal prestación combinando os H3 cunha carcasa que protexa o seu reprodutor multimedia da auga (do mesmo fabricante).
O prezo de venda destes revolucionarios auriculares é de 49,99 dólares (34,05 euros) e se distribúe mesmo a tendas Apple, de xeito que son doados de localizar no mercado.