Novos nVIDIA SHIELD TV
luns, 28 de outubro do 2019
Dende hai anos nVIDIA ten unha impresionante máquina que
funciona con Android e pode facer tanto
de consola de videoxogos como de centro multimedia, a nVIDIA SHIELD TV,
completo produto que renóvase dun xeito curioso: presentado
un par de modelos con procesadores nVIDIA Tegra X1+ (que conseguen mellorar
un 25% o rendemento fronte ao anterior modelo), contan con Dolby Vision e Dolby
Atmos, e incluso presumen do uso da intelixencia artificial para conseguir sobreescalar
vÃdeo HD a 4K con grande calidade.
Pero o máis curioso destes novos modelos é que a nVIDIA SHIELD TV
normal muda totalmente o seu formato, para presentarse como un produto compacto
(mide 16,5 x 4 x 4 centÃmetros) que aposta pola conectividade sen fÃos e ten un
prezo contido (159,99 euros), mentres que a nVIDIA SHIELD TV Pro,
cun prezo de 219 euros, presenta o dobre de almacenamento (16 GB) e un par de
portos USB 3.0 (moi prácticos para conectar unidades de memoria USB dende as
que servir ou acceder a contidos multimedia, de aà que esta versión tamén conte
coa posibilidade de correr o Plex Media Server). Ambos trebellos veñen cun
mando a distancia que inclúe un micrófono dende o que poder dar ordes co Asistente
de Google (sendo tamén compatible con Amazon Alexa).
Como dispositivos para a reprodución multimedia estamos ante unha das mellores
opcións do mercado, polas súas posibilidades de procesamento de vÃdeo e de
audio, á vez que tamén pode salientarse o feito de que estes dispositivos son
compatibles coa versión en probas de GeForce NOW (solución de xogos en liña por
streaming).
AÃnda que boa parte das funcións dos trebellos nVIDIA SHIELD TV estean actualmente
integradas en televisores, o feito de poder contar cun dispositivo máis
especÃfico abre novas posibilidades e dá unha maior capacidade de elección á
hora de mercar un televisor (poder engadir Android TV mediante un dispositivo
externo resulta tan sinxelo como versátil, garantindo unha maior vida útil do
televisor).