Novos ordenadores todo-en-un de Sony

mércores, 1 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os JS1 véndense en distintas cores

Sony retoma o concepto o ordenador todo-en-un (que funciona moi ben cos iMac de Apple) e lanza a serie VAIO JS1, que funciona cun procesador Intel Core 2 Duo a entre 2,2 e 3 GHz, ata 4 Gb de RAM, 320 ou 500 Gb de disco duro, pantalla de 20,1 polgadas cunha resolución de 1.680 x 1.050 píxeles, Wi-Fi, webcam, 5 portos USB, FireWire, Gigabit Ethernet, lector de tarxetas de memoria, altofalantes integrados e lector de discos DVD ou Blu-ray, completando así un equipo moi válido para o consumo de contidos multimedia que poderiamos considerar HD Ready pola súa resolución de pantalla.
Estes elegantes portátiles chegarán en breve ao mercado europeo, e en palabras de Hidetoshi Takigawa, director comercial de VAIO para Europa, están «orientados para un uso doado e unhas especificacións e características que a xente precisa neste nivel, e que supón un valor xeral excelente. Son unha excelente xeito de introducirse na marca VAIO e todo o que ofrece».

PUBLICIDADE