Novos ordenadores todo-en-un de Samsung
xoves, 14 de xaneiro do 2010
O mercado
surcoreano vai ser o primeiro en recibir os novos
ordenadores todo-en-un de Samsung, que van dende o básico MU100 con
procesador Intel Atom N450 con pantalla de 20 polgadas ata o potente MU250 con
procesador Intel Core 2 Duo T6600 e pantalla multi-táctil de 23 polgadas.
- Os modelos MU200 e MU250 contan con pantalla táctil
Este tipo de ordenadores son cada vez máis populares nos escritorios por ocupar
pouco espazo, ter unha estética moi elegante e cubrir perfectamente as
necesidades do usuario, podendo atoparse equipos de distintas prestacións que
se adapten a cada situación, de xeito que para usos máis básicos (ou para
economías máis axustadas) temos o Samsung MU100, que conta cun procesador Intel
Atom N450, 2 Gb de RAM, 320 Gb de disco duro, gráfica Intel GMA 3150, unidade
de DVD Super Multi, pantalla de 20 polgadas e sistema operativo Windows 7 Home
Premium, mentres que o MU200 contaría cun procesador máis potente (un Pentium
T4400), unha tarxeta gráfica superior (GeForce G310 con 512 Mbytes de VRAM) e
unha pantalla multi-táctil, prestacións que vense claramente superadas polo
MU250, que melloraría case todos os compoñentes do seu irmán cativo ao gozar
dun procesador Intel Core 2 Duo T6600, 3 Gb de RAM, 500 Gb de disco duro e unha
pantalla multi-táctil de 23 polgadas.
Polo momento non podemos precisar nin a data de lanzamento nin o prezo que
terán estes interesantes ordenadores.