Novos proxectores láser 4K de Samsung
luns, 26 de agosto do 2024
Os consumidores esixentes que buscan proxectores de vÃdeo de grande calidade teñen agora unha interesante opción para o seu fogar: os proxectores de tiro ultracurto The Premiere 9 e The Premiere 7. Estamos ante proxectores láser de última xeración, con resolución 4K, son envolvente e outras funcións avanzadas, que sumadas a un deseño coidado fan que sexan produtos de auténtico luxo.
The Premiere 9 incorpora unha tecnoloxÃa de láser triplo para mellorar a precisión da cor e o brillo, pode crear unha imaxe 4K de até 130 polgadas a só 24 centÃmetros de distancia da superficie de proxección, é compatible con HDR10+ tendo un brillo máximo de 3.450 lumenes ISO, emprega a IA para un mellor escalado e mellora da imaxe, integra altofalantes Dolby Atmos de 40 watts e integra Tizen OS, ou sexa, que ofrece no propio proxector as aplicacións propias dunha Smart TV de Samsung, o que permiten gozar de Netflix, YouTube, Prime Video e outras plataformas audiovisuais, asà como de videoxogos na nube. Tamén é posible utilizalo como un altofalante conectado e controlalo coa voz grazas ao asistente Bixby (ou Alexa). Por desgraza, estas elevadas prestacións veñen acompañadas por un prezo elevado, que probablemente supere os 4.999 euros do modelo actual, que será substituÃdo nos vindeiros meses.
Máis económico serÃa o The Premiere 7 (o modelo actual custa 2.549 euros) e basicamente conta cun brillo inferior (2.500 lumenes ANSI), uns altofalantes menos potentes (30 watts) e un tamaño de pantalla máximo de 120 polgadas (a unha distancia de 42 centÃmetros), detalles que en boa medida son consecuencia de que o seu sistema está baseado nun único láser.
- O deseño destes proxectores de tiro ultracurto deixan claro que estamos ante produtos de alta gama