Nuheara prepara uns auriculares Bluetooth que poden funcionar como audiófonos
xoves, 7 de abril do 2016
Resulta complicado innovar
nos sistemas de mans libres Bluetooth, que ultimamente centran a súa intelixencia nos smartphones en vez de
nos propios accesorios, pero Nuheara
pensa que atinou coa tecla a pulsar para conseguir atender unha demanda
existente, de aà que se lanzase
a Indiegogo para comercializar os seus IQbuds, auriculares sen fÃos que
poden reservarse por dende 189 dólares (192 euros se incluÃmos os gastos de
envÃo a España) e que destacan por integrar tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo
e a unha funcionalidade para potenciar a escoita do que temos ao redor.
Temos asà un par de auriculares que poden empregarse como mans libres para
chamadas telefónicas, permiten escoitar música ou outros contidos sonoros en
estéreo a través de Bluetooth, integra cancelación de ruÃdo activa para
eliminar os ruÃdos de fondo ao noso redor, aproveita os seus micrófonos para
poder escoitar mellor as conversas con outras persoas, facilita a reprodución
de contidos por Blueooth escollendo o nivel de ruÃdo ambiental que queiramos
aceptar (por exemplo, para poder empregalos pola rúa con seguridade) e cunha
boa autonomÃa (os auriculares poden funcionar de xeito constante durante 4
horas, pero a súa funda de transporte integra unha baterÃa adicional que permite
recargar os auriculares até 3 veces, de xeito que achegarÃan até 16 horas de
uso en mobilidade).
Os IQbuds de Nuheara levan meses en probas de uso diario en EE.UU. e Australia,
con moi boa aceptación, como tamén acontece na súa campaña de micromecenado,
que superou os 100.000 dólares nas primeiras 24 horas, e en menos de tres dÃas
case multiplicou por 5 a meta que tiñan fixada dende Nuheara para o mes que
durará esta campaña que pretende entregar o produto final aos mecenas no mes de
decembro.
- Os auriculares inclúen unha funda que os pode recargar até 3 veces
VÃdeo de presentación dos IQbuds