Nyko presenta unha alternativa ao Botón Deslizante Pro de 3DS

martes, 12 de xuño do 2012 Marcus Fernández

O Botón Deslizante Pro para a Nintendo 3DS, que chegou ao mercado español xunto co xogo Resident Evil: Revelations, non destaca precisamente pola súa estética (aínda que si pola súa ergonomía) polo que os usuarios que desexen ter unha solución máis elegante poden optar por facerse cun clon deste accesorio chamado Power Grip Pro, que venderá a partir de outubro Nyko por 29,99 dólares (23,96 euros) e que transforma a 3DS no que podería ser unha revisión da portátil de Nintendo en vez do Frankenstein que temos co accesorio orixinal.
O Power Grip Pro incorpora un mando analóxico adicional como o Botón Deslizante Pro, integra unha batería externa que permite triplicar a autonomía da 3DS e protexe a consola de xeito integral, polo que estamos ante unha opción moi interesante por combinar estética, o desexado stick analóxico dereito e unha maior autonomía.

PUBLICIDADE