O Ai Pin de Humane quere que digamos adeus ao smartphone
venres, 10 de novembro do 2023
- O Ai Pin venderase en 3 cores distintas
A
filtración publicada por The Verge sobre o Ai Pin de Humane resultou ser moi
precisa, e finalmente presentouse este dispositivo chamado a substituÃr o
smartphone, que poderá reservarse a partir do vindeiro dÃa 16 e que comezará a
chegar aos usuarios a primeiros de 2024 a un prezo de 699 dólares ao que
haberÃa que engadir unha cota mensual de 24 dólares para poder gozar de
conectividade a través do operador T-Mobile, ou sexa, que polo momento falamos
dun dispositivo limitado a EE.UU., aÃnda que con pretensións de comercializarse
globalmente no futuro.
O Ai Pin é basicamente un smartphone sen
pantalla, que busca interactuar principalmente co usuario mediante a voz, aÃnda
que tamén conta con certo control por xestos e unha pantalla de tinta láser
(integra un proxector para que poidamos ver algunha información na palma dunha
man), sendo un dos grandes cambios que ten con respecto a un teléfono móbil que
non conta con aplicacións tradicionais, senón con experiencias de intelixencia
artificial.
As semellanzas do Ai Pin cos asistentes de voz dos móbiles é evidente, só que neste
caso, en vez de utilizar unha palabra de activación hai que invocar ao
dispositivo de Humane premendo sobre o seu touchpad cun dedo, mentres que se empregamos
dous dedos activaremos a funcionalidade de intérprete. Este touchpad tamén
acepta xestos para responder chamadas, controlar o volume ou capturar un momento.
AÃnda que este trebello funciona co sistema operativo Cosmos, cómpre dar conta
de que realmente é a tecnoloxÃa de GPT-4 a que dá a intelixencia a este
dispositivo que revoluciona a nosa relación coa tecnoloxÃa humanizándoa e
simplificándoa, xa que pode solicitarse información á IA, ou incluso pedirlle
que resuma correos electrónicos, que achegue información nutricional sobre os
alimentos que temos diante ou que escolla a música máis axeitada en función da
actividade que esteamos a realizar. Tamén facilita a mensaxerÃa sen ter que
empregar un teclado.
Dentro da tendencia humana do Ai Pin tamén destacan que, dado que
levamos o dispositivo prendido na roupa, enfocando cara ao que temos diante,
pode empregar a súa cámara para capturar momentos en mans libres, permitindo asÃ
que os vivamos e non que os vexamos a través da pantalla do móbil.
Unha proposta bastante interesante, baseada nun trebello de só 47,5 x 44,5 milÃmetros e
34,2 gramos que levarmos na roupa (cun clip ou cunha placa magnética) que
conta cun accesorio semellante en tamaño (pero cun peso de só 20,5 gramos) que
serve para ampliar a súa baterÃa (algo moi importante, pois está claro que é un
dispositivo que debe ter autonomÃa para todo o dÃa).
O Ai Pin integra unha cámara de 13 MpÃxeles cun campo de visión de 120 graos (apoiada
por un sensor de profundidade); o seu proxector láser ten unha resolución de
720p e funciona a unha distancia de entre 20 e 40 centÃmetros; inclúe unha luz de
confianza para que a xente saiba o que está a facer o trebello (p.ex., préndese
en verde se toma unha foto, en morado se usa o teléfono ou en laranxa se ten
activo o micrófono); os seu micrófono dual adáptase ao contexto e serve para
realizar chamadas de voz; integra un altofalante que tamén pode empregarse para
chamadas telefónicas; fai uso dun procesador Qualcomm Snapdragon a 2,1 GHz con
4 GB de RAM e 32 GB de almacenamento eMMC; inclúe conectividade móbil 4G (eSIM),
Wi-Fi 5, Bluetooth 5.1 e GPS.
Queda agora por ver se este trebello é dabondo como para permitir prescindir
dun smartphone no noso dÃa a dÃa ou se, pola contra, son os propios smartphones
os que acaban competindo con el nas súas mesmas funcións, xa que a integración da
IA nos móbiles promete ser un dos fenómenos que marcará o ano 2024.
<script src="https://player.vimeo.com/api/player.js"></script>
VÃdeo de presentación do Ai Pin de Humane