O Alienware X51 chega como un PC con aires de consola de videoxogos

mércores, 18 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten de xogar nun PC de altas prestacións e que sintan envexa do atractivo deseño das consolas de videoxogos domésticas teñen unha nova solución que pode cumprir con ambos cometidos, que chega a España da man de Dell a un prezo de entre 799 e 1.099 euros. Falamos do ordenador de sobremesa Alienware X51, que conta cun deseño moi moderno e agresivo e unhas especificacións técnicas de auténtico luxo: procesador Intel Core i3/i5/i7, ata 8 Gb de RAM, ata 1 Tb de disco duro SATA a 7.200 rpm, gravadora de DVD con carga por fenda, gráfica nVIDIA GeForce GT 545/GTX 555 con 1 Gb de memoria dedicada, Wi-Fi N, tarxetas de son 7.1, 6 portos USB 2.0, 2 portos USB 3.0, saída HDMI 1.4, Gigabit Ethernet e altofalantes integrados.
Ao igual que acontece coas consolas de videoxogos domésticas, o Alienware X51 pode colocarse tanto en vertical como en horizontal, e non sería raro que algúns decidisen conectalo directamente ao televisor do seu salón en vez de a un monitor tradicional, para poder gozar deste equipo coma se fose cunha videoconsola, pero tirando proveito do actual nivel gráfico do que contan os xogos para PC.

PUBLICIDADE