O Asus Essentio CS5110 agocha un completo Media Center baixo o seu elegante deseño
venres, 11 de abril do 2008
Para
atender á demanda de miniordenadores para o seu uso coma Media Centers, Asus
lanza o seu Essentio
CS5110, que en 29 x 20 x 8 centÃmetros e con 3,4 Kg integran un equipo
informático altamente configurable que como máximo pode incluÃr un procesador
Intel Core 2 Duo, 4 Gb de RAM, unidade de Blu-ray, disco duro SATA de 1 Tb,
tarxeta gráfica GeForce 8600M con 256 Mb de memoria dedicada, tarxeta de son 7.1,
lector de tarxetas de memoria, Gigabit Ethernet, Bluetooth, Wi-Fi, saÃda
VGA/HDMI, un teclado con rato integrado e un mando a distancia.
Este impresionante equipo ten unha aparencia externa realmente atractiva, cun
acabado en negro con forma de libro, que xunto con seu baixo nivel de ruÃdo o
fai moi axeitado para os salóns das nosas casas, xa que non parece un
ordenador. Permite gozar de vÃdeo en alta definición, son de alta calidade e
unha versatilidade que só se pode obter dun ordenador, pero dende a comodidade
do sofá. Queda por ver se o seu prezo será asequible.