O Asus O!Play HD2 incorpora USB 3.0 e espazo para un disco duro interno
martes, 5 de outubro do 2010
O reprodutor
multimedia Asus O!Play HDP-R1 leva meses demostrando ser unha das mellores
solucións no mercado para a gozar de vÃdeos en multitude de formatos
almacenados en memorias USB, discos duros ou equipos en rede, dicindo adeus a
soportes fÃsicos coma o DVD ou o Blu-ray; e continuando nesta mesma liña o seu
fabricante pon
á venda estes dÃas o que poderiamos considerar o seu sucesor, o Asus O!Play HD2,
que actualiza a súa conectividade para incorporar un porto USB 3.0 e espazo
para conectar un disco duro SATA de 3,5 polgadas no seu interior.
O Asus O!Play HD2, tamén conta con 2 conectores USB 2.0 (un dos mesmos tamén
funciona coma porto eSATA), lector de tarxetas CompactFlash, SD/MMC e Memory Stick/Memory
Stick Duo. Para acceder á rede conta cun porto Fast Ethernet (de xeito que pode
funcionar coma servidor de FTP, Samba ou iTunes) e para conectarse ao televisor
ten tanto saÃdas en composto, por compoñentes, HDMI 1.3 e de audio dixital
tanto óptica coma coaxial.
No tocante os formatos soportados, este dispositivo funciona con case todos os
ficheiros multimedia dispoñibles na Internet, coma AVI, XviD, MOV, MP4, WMV,
MKV, FLV, TS, ISO… asà coma audio en MP3, WAV, AAC, OGG, FLAC, AIFF, AC3, DTS,
Dolby True HD e PCM/LPCM, imaxes en JPEG, BMP, PNG, GIF e TIFF e subtÃtulos en
SRT, SUB, SMI, SSA e TXT.
Entre as caracterÃsticas máis rechamantes do O!Play HD2 está o feito de que
permite o uso dun iPhone coma mando a distancia, o acceso a máis de 20.000
emisoras de radio en liña, a imaxes en Picasa e Flickr e o acceso a contidos
multimedia a través dun Media Center. Tamén cómpre destacar que Asus ofrece
actualizacións constantes do firmware dos seus produtos, o que garante o
funcionamento con modificacións dos codecs de vÃdeo que vaian saÃndo nos
vindeiros meses, á vez que engádense certas prestacións tras a solicitude dos
consumidores.