O Asus PadFone terá unha autonomía de ata 17 horas
venres, 11 de maio do 2012
Durante o Computex de Taipei hai cousa dun ano Asus anunciou o seu PadFone, unha orixinal proposta que pretendía fusionar smartphone e tablet nun único dispositivo, pero ao non estar preparado o sistema operativo Android para tal escenario híbrido, tiveron que agardar ao lanzamento de Android 4.0, aproveitando para reformular esta proposta e engadir un teclado externo á ecuación para que o dispositivo tamén poida funcionar coma se fose un portátil, e pese a que aínda non chegou ao mercado, dende Engadget en China adiantan detalles sobre a súa autonomía: colocando a pantalla co brillo á metade, e aguantaría 2,6 horas como smartphone, 10,7 horas como tablet e 17 horas como portátil empregando conectividade Wi-Fi, baixando a 2,1, 8,9 e 14,1 horas respectivamente empregando a conectividade 3G. Isto conséguese grazas a que a tanto a pantalla que se engade ao teléfono coma o teclado externo incorporan baterías que incrementan a autonomía do conxunto.
- Poder converter un móbil nun tablet ou nun portátil supón unha versatilidade sen precedentes