O Asus ROG Phone II quere liderar o sector dos móbiles para xogar
luns, 22 de xullo do 2019
A familia Republic of Gamers (ROG) de Asus recibiu o
ano pasado un smartphone orientado ao uso de videoxogos, o The ROG Phone, que
en novembro
chegou a España a un prezo de 899 euros, e que actualmente pode adquirirse por
599/799 euros (con 128/512 GB de almacenamento interno).
AÃnda que o mercado deste tipo de produtos é moi cativo, os fabricantes parecen
confiar no seu potencial, de aà que estean
a presentar o The ROG Phone II, que presume de ser o primeiro smarphone do
mundo cunha pantalla AMOLED a 120 Hz, á vez que tamén serÃa o primeiro en
incorporar un procesador Qualcomm Snapdragon 855 Plus. Outra das súas grandes
novidades será a integración de 2 motores de vibracións para conseguir unha
experiencia de xogo máis inmersiva.
The ROG Phone II conta unha versión mellorada do seu sistema de refrixeración
(que presume de ser 4 veces máis silencioso, á vez que reduce a temperatura da
superficie do móbil até 5 graos centÃgrados). AÃnda que este terminal pode
empregarse como un smartphone ordinario, o seu potencial chega cos seus
accesorios, como o TwinView Dock II que facilita a conexión do móbil ao
televisor e o ROG Kunai Gamepad (para ter controis fÃsicos), facendo que
esteamos ante unha proposta que pode lembrar a unha Nintendo Switch. Tamén comercializarán un accesorio que engade unha segunda pantalla.
O novo smartphone ten unha pantalla de 6,59 polgadas cunhas resolución de 2.340
x 1.080 pÃxeles, 12 GB de RAM, 512 GB de almacenamento interno, cámara traseira
dual de 48 e 13 MpÃxeles (a segunda de grande augular), cámara frontal de 24
MpÃxeles, baterÃa de 6.000 mAh con carga rápida de 30 watts (que cárgase por
completo en 2 horas, aÃnda que en 58 minutos consegue chegará xa aos 4.000 mAh)
e incluso unha antena Wi-Fi cuádrupla para garantir unha mellor recepción do
sinal (buscando non empeorar a cobertura ao colocar o móbil en horizontal).
Estamos claramente ante o que serÃa o smartphone para gaming máis
potente do mercado, pero decoñecemso cando chegará ao mercado e o seu prezo.