O Asus Zenfone 4 Max terá baterÃa de 5.000 mAh de dobre cámara traseira
martes, 4 de xullo do 2017
Os
usuarios que buscan principalmente que o seu smartphone teña unha boa autonomÃa
teñen agora un novo dispositivo a ter en conta, o Asus
Zenfone 4 Max, que sorprende principalmente por contar cunha xenerosa
baterÃa de 5.000 mAh, o que serÃa preto do dobre da meirande parte dos
smartphones á venda actualmente, e que como indicativo da súa capacidade temos
que tarda en cargarse totalmente até 4 horas (aÃnda que en 15 minutos de carga
xa podemos conseguir capacidade dabondo para falar por teléfono 3 horas). Dado
o grande tamaño da baterÃa deste smartphone está dispoñible a posibilidade de
empregalo como se fose unha baterÃa externa doutros dispositivos.
Este teléfono, que venderase en cor negra, dourada e rosa, tamén destaca por
contar con dobre cámara traseira (unha con apertura f/2.0 e outra con grande
angular) de 13 MpÃxeles, mentres que a cámara frontal é de 8 MpÃxeles, e por
ter unha bandexa extraÃble con capacidade para 2 tarxetas SIM e unha tarxeta de
memoria de até 256 GB (ou sexa, que de ampliar a capacidade interna do móbil
non perdemos a opción de dobre SIM como acontece con moitos terminais móbiles).
O Asus Zenfone 4 Max terá pantalla Full HD S-IPS de 5,5 polgadas, procesador
Qualcomm Snapdragon 430 (8 núcleos) ou 425 (4 núcleos), 4 GB de RAM, 16/32/64
GB de almacenamento interno, lector de pegadas dixitais, un grosor de 8,9
milÃmetros e un peso de 181 gramos, que será sen dúbida un dispositivo
atractivo se temos en conta que o seu modelo máis básico (con 2 GB de RAM e 16
GB de almacenamento) sairá á venda por 13.900 rublos (206 euros) o que
permitirÃalle competir Moto E4 Plus, outro smartphone que destaca pola súa
baterÃa de 5.000 mAh, pero que ten unha pantalla de pouca resolución e cámara
traseira simple.