O Concello da Pobra achega formación a negocios no ámbito das redes sociais

mércores, 24 de xaneiro do 2024 S. P.

Se o ano comezaba na Pobra do Caramiñal, en materia formativa, cunha xornada para a creación dun feed visual para a rede social Instagram, agora este Hub As Emprendedoriñas prosegue focalizado na importancia da fotografía á hora de xerar vendas nas redes sociais para pequenas e medianas empresas (pemes), persoas autónomas e emprendedoras.
A dita acción de balde impartirase no 27 de xaneiro, ás 17.30 horas, na Casa da Mocidade da Pobra, organizada por A Maruxiña. Comunicación & Marketing e Anacos Sostenibilidad, coa colaboración da Concellaría da Mocidade da Pobra do Caramiñal.
Con relación a isto, o edil Eloy Sobrido indica que se continúa formando negocios para lle sacar o máximo proveito á presenza nas redes sociais, sen deixar de lado a perspectiva da sostibilidade, ademais de fomentar o networking no ámbito local e seguir na senda de “dinamizar a referida instalación municipal con actividades de diversa índole”. Non se require a inscrición previa.

PUBLICIDADE