O Cybook Opus sae á venda por 250 dólares
mércores, 23 de setembro do 2009
Os lectores de
libros electrónicos continúan a súa carreira facerse un oco no mercado, para o
que buscan prezos cada vez máis reducidos, de aí que chegue finalmente o novo
dispositivo de Bokeen, o moi anticipado Cybook Opus, que xa
é unha realidade a un prezo de 250 dólares (169,16 euros) aos que
hai que engadir nos EE.UU. 33,32 dólares (22,33 euros) en concepto de gastos de
envío.
O Cybook
Opus mide 10,8 x 15,1 x 1 centímetros, pesa 150 gramos e conta cunha
pantalla de 5 polgadas con tecnoloxía E Ink e unha resolución de 600 x 800
píxeles e 4 niveis de gris. Conta con 1 Gb de almacenamento interno (ampliable
con tarxetas microSD), acelerómetro (para conmutar entre os modos retrato e panorámico), a súa batería permítelle ler ata 8.000 páxinas
cunha única carga e soporta a lectura de HTML, texto, PDF, e EPUB.