O DJI Mavic Pro destaca por ser un dron moi compacto
mércores, 28 de setembro do 2016
Continúa a competencia feroz no mercado dos drons, e a
empresa lÃder a nivel mundial (con aproximadamente o 70% do mercado dos drons
de consumo) non quere perder a súa posición e presenta o DJI Mavic Pro, un cuadricóptero bastante
avanzado que destaca pro ser encartable e lixeiro, que incluso pode operarse
cun smartphone, de xeito que convértese nun produto moi atractivo, que
probablemente supoña un duro golpe para o Karma
de GoPro, que terao moi complicado para competir cun produto máis completo
e económico.
O Mavic Pro, encartado para o seu transporte, só ocupa 198 x 83 x 83 milÃmetros
e pesa 743 gramos, polo que serÃa o dron deste tipo máis compacto que podemos
atopar, á vez que tamén inclúe tecnoloxÃa moi avanzada para evitar obstáculos
(integra 5 cámaras, GPS e GLONASS e 2 sensores ultrasónicos), inclúe unha
cámara con estabilizador de 3 eixes que pode gravar vÃdeo 4K a 30 imaxes por
segundo e disparar fotografÃas a 12 MpÃxeles, ten autonomÃa de até 27 minutos,
pode voar até a 65 quilómetros por hora no seu modo deportivo, pode empregarse
cun mando a distancia con vÃdeo en directo (1080p/720p) até a 7 quilómetros de
distancia) e incluso serÃa compatible con cascos con dobre pantalla para poder
gozar dunha vista de dron en primeira persoa.
Ao ser un produto de DJI tamén inclúe moitos dos seus adiantos en
automatización, polo que, aparte de controlar manualmente o cuadricóptero tamén
pódese empregarse a súa tecnoloxÃa de seguimento automático, o dron tamén pode
detectar cando saudamos coa man para disparar unha instantánea a distancia e,
para cando se queren sacar boas fotografÃas, tamén pode empregarse o dron en modo trÃpode, de xeito que procurará
manter movementos lentos e precisos para conseguir bos resultados creativos.
O dron Mavic Pro xa pode encargarse
a un prezo de 1.199 euros, aÃnda que a opción de compra máis recomendable
serÃa o lote
que por 1.499 euros inclúe cargador de coche, centro de carga, baterÃas,
hélices de reposto e bolsa de transporte, estando previsto que chegue ao
mercado o 15 de outubro. Cómpre salientar que será posible adquirir o dron de
xeito independente (sen o controlador, pensando en manexalo co smartphone) a un
prezo de 749 dólares, o que o situarÃa nun rango de prezo moi asumible para un
produto tan completo e práctico.
VÃdeo promocional do dron DJI Mavic