O Dell Inspiron Zino HD combina versatilidade e formato compacto
mércores, 18 de novembro do 2009
Os usuarios que gusten de
equipos coma o Mac mini, pero que non desexen deixar de lado a plataforma PC
poden optar agora por equipos coma o Dell
Inspiron Zino HD que vén
de chegar a España a prezos de a partires de 329 euros, que destaca
polo seu tamaño reducido (197,6 x 197,6 x 89 milímetros) e carcasa de distintas
cores.
O equipo funciona cun procesador AMD (dende un A64 2650E a 1,6 GHz ata un X2
6850E a 1,8 GHz) , cunha tarxeta gráfica integranda (Intel GMA 3200 HD ou ATI
Radeon HD 4330), entre 2 e 6 Gb de RAM, entre 320 Gb e 1 Tb de disco duro,
Wi-Fi, 4 conectores USB 2.0, 2 conectores eSATA, lector de tarxetas de memoria
4 en 1, saída VGA, saída HDMI, tomas de micrófono e auriculares, Gigabit
Ethernet, Windows 7 Home Premium e unidade óptica (gravador de DVD ou lector de
Blu-ray).
Sen dúbida un interesante equipo de cara ao seu uso coma reprodutor multimedia
de salón, aínda que tamén resulta atractivo para o escritorio.
- Na parte traseira podemos ver que o Zino HD conta con diversidade de saídas