O Dell Visor custará 349,99 dólares
luns, 28 de agosto do 2017
Microsoft confirmou que a realidade mixta para Windows 10 estará
no mercado na campaña de Nadal, e un fabricantes que quere deixar claro que
non chegará tarde á festa é Dell, que hoxe mesmo dá
detalles do seu Dell Visor, un casco de realidade mixta que presenta unha
aparencia externa moi semellante ao do casco de PlayStation VR do que
diferénciase principalmente por integrar cámaras que analizarán o contorno sen
a necesidade de sensores externos como acontece con outras solucións para PC.
Aparte do casco, tamén comercializarán os Dell Visor Controllers, mandos que
facilitarán o movemento no espazo tridimensional, seno o máis interesante
destes produtos que xa se coñece o seu prezo: 349,99 dólares para o casco e
99,99 dólares para os mandos.
Dell dará máis detalles do seu casco de realidade mixta o vindeiro 1 de
setembro no marco da feira IFA de Berlín, na que Microsoft dará unha
presentación na que deberían afondar nesta emerxente tecnoloxía.