O Dell XPS 12 sae á venda nos EE.UU.

mércores, 11 de novembro do 2015 Marcus Fernández

O mes pasado Dell presentaba o que sería a súa alternativa ao Surface Pro 4, o atractivo Dell XPS 12, un equipo 2-en-1 con pantalla táctil de 12,5 polgadas que destaca por funcionar cun procesador Intel Core M5 de sexta xeración, o que permítelle un bo desempeño e unha boa autonomía a un prezo contido, polo que esperan que esteamos ante un equipo de grande éxito comercial, que hoxe sae á venda nos EE.UU. por un prezo que parte dos 999,99 dólares (931 euros).
O modelo básico deste equipo que pode funcionar como tableta ou como ordenador portátil funciona con Windows 10, 8 GB de RAM e unha unidade SSD de 128 GB, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, 2 portos Thunderbolt 3 (que serven tanto para cargar o equipo como para incorporar outros accesorios, destacando por conseguir 8 veces a velocidade dun porto USB 3.0 ordinario) e unha pantalla Full HD, mentres que o modelo avanzado incrementa o seu prezo até os 1.299,99 dólares (1.210 euros) o que permítelle incrementar a súa unidade SSD até os 256 GB e incrementar a resolución da súa pantalla até a ultra alta definición (3.840 x 2.160 píxeles) converténdose no primeiro 2-en-1 do mercado con pantalla UHD.
Este equipo tamén pode funcionar cun lapis dixitalizador opcional. Temos así que mentres Microsoft opta por incluír o stylus co seus Surface Pro, Dell prefire incluír a base-teclado, accesorio moito máis demandado polos usuarios, o que parece todo un acerto se consideramos que a meirande parte das vendas de Dell están no mundo da empresa, onde a produtividade ten prioridade fronte a creatividade.

PUBLICIDADE