O Elephone S7 partirá dun prezo de 139,99 dólares
luns, 31 de outubro do 2016
O
fabricante chinés Elephone non quere perder a oportunidade de intentar captar consumidores
que non poden adquirir o Galaxy Note7 de Samsung, e o vindeiro dÃa 15 porá á
venda o
seu novo S7, un terminal que xa pode reservarse e que presenta unha
aparencia semellante ao dispositivo surcoreano, pero con prezos que están entre
os 139,99 e os 249,99 dólares en función da súa configuración e cor.
O Elephone S7 chegará con pantallas de 5,2 e 5,5 polgadas (para dar unha maior
capacidade de elección aos usuarios), coñecéndose o modelo de 5,2 polgadas coma
S7 mini, e aÃnda que estas pantallas presenten unha curvatura nos seus lados, falamos
dun efecto moito máis discreto que o dos móbiles de Samsung, á vez que a
resolución tamén se conforma en quedar no Full HD (o que é máis que suficiente
para a meirande parte dos usuarios, á vez que tal limitación contribúe a unha
maior autonomÃa).
Se falamos directamente do modelo de 5,5 polgadas temos un teléfono cun potente
procesador Helio X20 (con 10 núcleos), 2/3/4 GB de RAM, 16/32/64 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB),
cámaras de 13 e 5 MpÃxeles, lector de pegadas dixitais no seu botón de inicio,
Wi-Fi N, 4G (incluÃndo a banda dos 800 GHz), dobre nano SIM, baterÃa de 3.000
mAh con carga rápida, Android 6.0, 7,6 milÃmetros de grosor e 148 gramos de
peso.
Venderase en cor ouro, azul, negra e verde, sendo os primeiros os máis
económicos, de xeito que por 139,99 dólares teriamos o modelo con 2 GB de RAM e
16 GB de almacenamento interno; por 169,99 dólares pasariamos a 3 GB de RAM e
32 GB de almacenamento; e por 199,99 dólares estarÃa o modelo con 4 GB de RAM e
64 GB de almacenamento, deixando claro que estamos ante un terminal de prezo
moi competitivo. No resto de cores só haberÃa versións con 3 e 4 GB de RAM, que
incrementarÃan o seu prezo en 20, 30 e 40 dólares nos modelos con 3 GB de RAM
en azul, negro e verde respectivamente, mentres que nos modelos con 4 GB os
prezos incrementarÃanse 30, 40 e 50 dólares en función da súa cor (con respecto
ao modelo dourado).
- O Elephone S7 venderase en 4 cores diferentes