O Enterprise feito cámara web
martes, 19 de xaneiro do 2010
Os afeccionados á
franquÃa televisiva e cinematográfica de Star
Trek poderán integrala no seu escritorio informático grazas a unha cámara
web que venden en Brando por 30 dólares (20,85 euros) e que ten a
forma do cruceiro estelar U.S.S. Enterprise NCC-1701, que era o modelo da nave
que podiamos ver na clásica serie dos anos 60.
A webcam mide 17 x 7,2 x 4 centÃmetros, pesa 81 gramos, é compatible equipos
informáticos con Windows 7/XP SP3/Vista SP1 e Mac OS X 10.5.1 coma mÃnimo aos
que se conecte por USB. Pode captar imaxes a 0,3 MpÃxeles e vÃdeo a 30
fotogramas por segundo. Non precisa de controladores adicionais para funcionar
e é totalmente compatible con aplicacións coma Skype, MSN Messenger ou iChat.