O FIFA volve da man de Netflix
venres, 12 de xuño do 2026
Netflix anunciou o lanzamento de FIFA World Cup: Launch Edition, un novo videoxogo oficial do Mundial de Fútbol de 2026 que está dispoñible en exclusiva a través de Netflix Games. A proposta aposta por partidas rápidas e accesibles, permitindo que ata catro persoas xoguen xuntas empregando os seus teléfonos móbiles como mandos mentres a acción se desenvolve no televisor.
O tÃtulo preséntase como unha experiencia máis sinxela e inmediata ca as simulacións futbolÃsticas tradicionais. Para comezar unha partida só é preciso iniciar o xogo na televisión, escanear un código QR co móbil e utilizar a pantalla táctil para realizar pases e disparos. O obxectivo é facilitar o acceso tanto a afeccionados habituais dos videoxogos como a persoas sen experiencia previa.
Coincidindo co inicio da Copa do Mundo masculina da FIFA 2026, o xogo permitirá escoller calquera das 48 seleccións participantes no torneo, competir nos 16 estadios oficiais e controlar calquera dos 1.248 futbolistas convocados para a competición. Netflix destaca que a intención é trasladar ao salón da casa a emoción de seguir os partidos en directo e compartir a experiencia con amigos e familiares.
A edición inicial, denominada Launch Edition, concÃbese como o punto de partida dun proxecto que irá evolucionando co paso do tempo. Nesta primeira versión priorÃzase unha xogabilidade directa e centrada na diversión inmediata, aproveitando o ambiente xerado arredor do Mundial.
O videoxogo forma parte da aposta de Netflix polos xogos para televisión. Actualmente esta funcionalidade está dispoñible en vinte paÃses, entre eles España, Estados Unidos, Canadá, Reino Unido, Francia, Alemaña, Italia, México, Australia, Brasil ou SuÃza. A plataforma tamén iniciou unha fase limitada de probas en Brasil.
FIFA World Cup: Launch Edition está incluÃdo sen custo adicional para os subscritores de Netflix e pode localizarse na sección de xogos da aplicación para o televisor.
Cómpre salientar que, aÃnda que este sexa o auténtico videoxogo oficial da FIFA, está tecnicamente moi lonxe das entregas dos FIFA de EA Sports, ata o punto de que esta entrega non estarÃa nin sequera á altura dos xogos para as primeiras PlayStation, aÃnda que tampouco parece pretender compararse aos xogos de consola, buscando unha experiencia moito máis ocasional.
VÃdeo promocional do FIFA World Cup: Launch Edition
