O Galaxy Note7 poderÃa volver ao mercado en formato restaurado
luns, 27 de marzo do 2017
A retirada do mercado de millóns de unidades do Samsung Galaxy
Note7 por motivos de seguridade deu pé a unha grande incógnita: que se farÃa
con todos eses terminais unha vez corrixidos os seus problemas? VolverÃan a
pórse á venda? AÃnda que chegouse a entender que iso serÃa imposible ante os
problemas de imaxe que poderÃa provocar á compañÃa surcoreana, que incluso hai
poucas semanas desmentiu os rumores de que poderÃan pórse á venda nalgúns
mercados unidades restauradas dos seus móbiles explosivos, finalmente parece ser que si
haberá algúns terminais do Note7 que volverán ao mercado como móbiles reciclados
ou de aluguer, pero distribuÃdos dun xeito moi limitado (en función de
numerosos factores que van dende as normativas vixentes até a demanda
comercial).
Pero dende Samsung foron prudentes ao realizar este anuncio, camuflado
debidamente nunha nota na que falan de coidar o medio ambiente, ou sexa, que
xustifican a restauración dun bo número de Samsung Galaxy Note7 cando sexa
posible para evitar asà crear unha grande cantidade de refugallos; aseguran que
cando non sexa posible restaurar o terminal completo aproveitaranse moitos dos
seus compoñentes para a súa reutilización; e tamén extraeranse os metais dos
terminais empregando métodos respectuosos co contorno.
Descoñécese o número de smartphones Note7 que se porán á venda, o prezo que
terán (que presumiblemente serÃa reducido, xa que os móbiles restaurados normalmente só teñen unha garantÃa de 1 ano), a data de comercialización e os mercados nos que estarán dispoñibles, ou
sexa, que polo momento hai moitas máis dúbidas que certezas, pero o que parece
claro é que non serán poucos os que estarán atentos por facerse unha destas unidades,
pois o nivel de satisfacción inicial deste teléfono era moi elevado, e incluso
houbo consumidores que amosaron certa resistencia a devolver o seu terminal ao
fabricante pese ao perigo que supuña o seu uso.