O Genius Ring Presenter permítenos controlar as nosas presentacións co polgar

xoves, 5 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Genius quere facilitar a realización de presentacións con PowerPoint, de aí que veña de estrear o Ring Presenter, unha evolución do Ring Mouse, un dispositivo que pode vestirse coma un anel (liberando considerablemente as mans do usuario) e que permite o control do punteiro do rato do noso ordenador, incorporando tamén agora un punteiro láser e os botóns para poder controlar as presentacións a distancia.
O dispositivo, conta cun panel circular táctil que é o que permite as funcións de rato, e para comunicarse co PC conta cun pequeno receptor USB que opera na banda dos 2,4 GHz. Tamén está dispoñible en 7 cores distintas.

PUBLICIDADE