O HP Sprout Pro busca un espazo nas aulas
mércores, 20 de xaneiro do 2016
En 2014 HP sorprendeu ao mundo presentando o seu
ordenador todo-en-un Sprout, que integraba un escáner 3D e un proxecto, abrindo
numerosas posibilidades a creativos de todo o mundo, e que agora está a
reformularse no HP
Sprout Pro, equipo que chegará ao mercado o mes que vén a un prezo de 2.199
dólares e suporá unha actualización do equipo para contar con procesadores de
nova xeración (Intel Core i7 Skylake
e gráfica tamén mellorada) e que persegue desta volta a súa introdución nas
aulas, xa que consideran que as tecnoloxÃas integradas neste impresionante
equipo poden resultar moi prácticas para a docencia.
HP incorporará ao novo Sprout Pro unha serie de aplicacións informáticas que
facilitan o seu uso para grupos de usuarios, facilitando poder compartir a
imaxe do escáner, a webcam ou a pantalla (para que poida vela a aula enteira),
permite enviar capturas bidimensionais a través da versión profesional de Skype
e incluso conta con ferramentas para converter a cámara frontal nun escáner de
documentos con función de lupa.
Cómpre destacar que este equipo tamén resulta moi práctico para espazos Maker, xa que o escáner 3D axiliza a
creación de modelos que logo converter en obxectos reais a través dunha
impresora 3D. Toda unha serie de posibilidades que até hai pouco
considerariamos propias dun filme de ciencia ficción.
- O HP Sprout Pro está adaptado para o uso nas aulas