O HP TouchSmart 310 populariza o prezo dos todo-en-un con pantalla táctil

martes, 21 de setembro do 2010 Marcus Fernández

As pantallas táctiles son cada vez máis habituais en ordenadores portátiles e de sobremesa, avanzando cara a súa popularización con equipos coma o HP TouchSmart 310, un ordenador todo-en-un cun procesador de dobre núcleo Athlon II 240e a 2,8 GHz, 4 Gb de RAM, gráfica integrada Radeon HD 4270, 1 Tb de disco duro, Wi-Fi N, Bluetooth, sintonizadora de TDT (opcional), lector de tarxetas de memoria, gravadora de DVD, 6 portos USB 2.0 e unha pantalla táctil de 20 polgadas cunha resolución de 1.600 x 900 píxeles, que funciona co sistema operativo Windows 7 cunha capa gráfica que axuda a utilizar de xeito táctil servizos coma Facebook, Hulu, Netflix ou Twitter, e que chegará ás tendas a un prezo de partida de 699 dólares (525,65 euros) reducindo considerablemente o prezo de entrada para esta tecnoloxía, o que debería incrementar a súa presenza nos fogares, onde un público infantil/xuvenil podería agradecer especialmente a capacidade táctil da súa pantalla.
HP tamén presentou o seu equipo HP Omni100, que sería outro equipo todo-en-un que, ao prescindir das capacidades táctiles do seu irmán (e lixeiramente as súas prestacións en case todos os aspectos), consegue reducir o seu prezo a 499 dólares (375,25 euros).

O HP Omni100 presenta un prezo reducido ao carecer de pantalla táctil

PUBLICIDADE