O HP Vivianne Tam podería ser o ultraportátil feminino de referencia
xoves, 23 de outubro do 2008
O
2 de decembro porase á venda un portátil de HP que era todo
un misterio, pois se trata dunha versión especial do HP MiniNote con
procesador Intel Atom a 1,6 GHz, pantalla de 10 polgadas, 1 Gb de RAM, 80 Gb de
disco duro e un deseño moi feminino e diferente creado pola casa neoiorquina de
moda Vivienne Tam.
Esta aposta de HP para achegarse ao público feminino podería ter moi boa
resposta, pois nos últimos anos a diversidade cromática en trebellos
electrónicos demostrou ser eficaz á hora de atraer a un público que considera
que a meirande parte dos produtos de electrónica de consumo son impersoais e
pouco atractivos, gustando especialmente de dispositivos nunha liña máis
atrevida.