O HTC DLX será o primeiro smartphone con pantalla Full HD de 5 polgadas nos EE.UU.

luns, 22 de outubro do 2012 Marcus Fernández

JPEG - 30.2 KB
Imaxes filtradas do posible HTC DLX

O HTC J Butterfly que vén de presentarse como un terminal móbil exclusivo do mercado xaponés vai ter versións internacionais, e parece ser que nos EE.UU. xa se coñece a marca baixo a que chegará o primeiro smartphone do mercado con pantalla Full HD de 5 polgadas, e que sería HTC DLX e estaría distribuído pola operadora Verizon. Contaría cun procesador Snapdragon S4 Pro a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, cámaras de 12 e 2 Mpíxeles, Bluetooth 4.0, batería de 2.500 mAh e Android 4.1.2.
Nas fotografías filtradas durante a fin de semana tamén vemos que o terminal contaría con 4G (LTE) o que non é ningunha sorpresa para un móbil deste tipo nos EE.UU., quedando como incógnita se a Europa chegará así ou se preferirán distribuír un móbil sen 4G dado que tal conectividade non pode aproveitarse debidamente no noso territorio.

PUBLICIDADE