O HTC One (M8) protéxese da auga no mercado xaponés
xoves, 31 de xullo do 2014
HTC leva tempo sacando versións alternativas dos seus
móbiles insignia para o mercado xaponés, e o HTC One (M8) non podÃa ser menos,
de aà que KDDI vai comercializar no territorio nipón o HTC
J Butterfly, que prescinde do acabado metálico do smartphone orixinal para
adoptar unha carcasa de plástico que permÃtelle superar a certificación IPX7,
ou sexa, que é capaz de soportar até 30 minutos somerxido en auga a 1 metro de
profundidade.
Outro cambio deste terminal serÃa prescindir da criticada cámara UltraPixel integrar
unha máis tradicional cámara de 13 MpÃxeles, o que facilÃtalle a súa
comparación co resto de smartphones de alta gama do mercado (xa que o público
xeral non parece entender a proposta de HTC de mellorar a percepción de cada
pÃxel no sensor da cámara en vez de incrementar o número de puntos captados).
En especificación temos un terminal LTE con pantalla Full HD de 5 polgadas,
procesador Qualcomm Snapdragon 801 de catro núcleos, 2 Gb de RAM, 32 Gb de
almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 Gb, a
mencionada cámara traseira de 13 MpÃxeles (acompañada por un sensor de
profundidade de 2 MpÃxeles), cámara frontal de 5 MpÃxeles con grande angular
(pensando nas auto-fotos e na videoconferencia), Wi-Fi AC, baterÃa de 2.700 mAh
e sistema operativo Android 4.4 con HTC Sense 5.
- O novo smartphone de HTC para o mercado xaponés conta cunha cámara de 13 MpÃxeles que aproveita un sensor de profundidade de 2 MpÃxeles para disparar mellores fotografÃas