O HTC One ME será o smartphone insignia asumible grazas á súa carcasa de policarbonato
xoves, 4 de xuño do 2015
HTC continúa a estrear variantes do seu popular smartphone
HTC One, achegando agora ao mercado chinés o interesante HTC One ME, moi
semellante ao HTC
One M9+, pero abandonando o seu corpo metálico para restrinxir o metal só
ao seu marco, o que debería ter un claro impacto no seu prezo.
O HTC One ME sería un terminal 4G con pantalla de 5,2 polgadas cunha resolución
de 2.560 x 1.440 píxeles, procesador MediaTek Helio X10 de 8 núcleos a 2,2 GHz,
3 GB de RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas
microSDXC de até 2 TB), cámara traseira de 20 Mpíxeles e cámara frontal
UltraPixel, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, NFC, infravermellos, lector de pegadas
dixitais, batería de 2.840 mAh, un grosor de 9,75 milímetros e un peso de 155
gramos.
Un terminal a ter moi en conta, aínda que parece difícil que o vexamos no noso
territorio, cando menos na súa configuración actual con dobre nano SIM. Conta
con carcasa de policarbonato en tres cores disintas e tamén incorpora
altofalantes HTC BoomSound.
- O smartphone de HTC integra un lector de pegadas dixitais