O HTC U11 terá un revolucionario casco de realidade virtual
venres, 26 de maio do 2017
Ao
igual que Samsung ten o casco de realidade virtual Galaxy VR compatible cos
seus smartphones de alta gama, dende HTC animáronse a darlle o mesmo tratamento
ao seu novo
HTC U11 co HTC
Link, pero indo un paso máis aló, xa que este novo casco promete un
seguimento de movemento completo en 360 graos, algo que até o momento non
viramos nun casco para smartphones, e que achegarÃase máis á experiencia que
podemos vivir con HTC Vive.
Este novo casco ten un tamaño de 197,69 x 116,61 x 167,33 milÃmetros e pesa 554
gramos, integra unha baterÃa de 2.800 mAh, ofrece un ángulo de visión duns 110
graos e funciona en combinación cun par de mandos por control de movemento (semellante
aos de PS Move) e unha cámara estereoscópica. Como curiosidade, en vez de
introducirse o smartphone dentro do casco para aproveitar a súa pantalla, o HTC
Link integra un par de paneis de 3,6 polgadas cunha resolución de 1.200 x 1.080
pÃxeles (un para cada ollo) cunha velocidade de refresco de 90 Hz, ou sexa, que
só aproveitarÃa o HTC U11 para correr o software desta solución de realidade
virtual.
Polo momento este produto só ten prevista a súa distribución no Xapón.