O HTC U12+ conta con 4 cámaras e sensibilidade á presión
mércores, 23 de maio do 2018
O HTC
U12+ ve hoxe a luz, cun deseño novo con botóns sensibles á presión, unha
nova experiencia táctil intelixente, bordes interactivos que facilitan o control
cunha soa man e con acento na calidade do seu son (tanto con auriculares como
con altofalantes) e cámaras de calidade (conseguiu
unha puntuación de 103 en DxOMark, quedando só por detrás do Huawei P20
Pro).
Este móbil con pantalla Super LCD de 6 polgadas cunha resolución de 2.880 x 1.440
pÃxeles e soporte de HDR10 funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 845, 6
GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas de memoria
microSD) e Android 8.0; conta con resistencia ao po e á auga (IP68),
conectividade Wi-Fi AC, Bluetooth 5 e NFC; e a súa baterÃa de 3.500 mAh pode
cargarse por USB-C (contando con carga rápida que permÃtelle completar a metade
da súa carga en 35 minutos).
No que se refire á cámara, optou por cámaras duais en ambos lados, de xeito que
na súa frontal incorpora sensores de 12 e 16 MpÃxeles e na traseira ten dous
sensores de 8 MpÃxeles. Presume de zoom óptico de 2x, do uso de desenfoque de
fondo e tamén de HDR Boost 2 (efecto co que consegue fotografÃas máis nÃtidas e
frescas).
Na gravación de vÃdeo tamén destaca por gravar vÃdeo en 4K a 60 imaxes por
segundo e contar tamén con zoom automático para a imaxe e zoom para o son
(permitindo centrar a gravación nun son determinado dunha escena).
AÃnda que a pantalla e as cámaras son elementos que permiten ao HTC U12+ situarse
ben entre a competencia, o realmente diferenciador e o feito de responder á
presión da man sobre o terminal, ou sexa, que podemos realizar accións como
disparar unha fotografÃa, abrir o asistente de voz ou ampliar un mapa con só apertar
o móbil coa man.
O prezo deste interesante smartphone será de 799 euros, chegando só na súa
versión con 64 GB de almacenamento, mentres que en EE.UU. terá tamén versión
con 128 GB de capacidade.
VÃdeo promocional do HTC U12+