O Helo TC poderá controlarse dende dispositivos con iOS

xoves, 14 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Griffin Technology anunciou que antes do Nadal vai pór á venda o Helo TC, un pico-helicóptero por control remoto que poderá manexarse dende un iPhone, iPod Touch ou iPad e que só custará 34,99 libras esterlinas (39,90 euros) en contraste cos preto de 300 euros do AR Drone de Parrot.
O Helo TC cárgase por USB e para controlalo hai que conectar o noso dispositivo con iOS a unha base cun emisor de infravermellos (incluída) que comunicarase con pequeno helicóptero de interior que é capaz de voar uns 8 minutos cunha carga. Os movementos dos dispositivo voador poden dirixirse tanto mediante a pantalla táctil do dispositivo portátil de Apple que teñamos como facendo uso do seu acelerómetro.
O control do Helo TC faise a través dunha aplicación para iOS de balde que incluso permite rexistrar ata 3 plans de vo para poder atacar aos nosos amigos e familiares.

PUBLICIDADE