O Honor Play sae á venda por 329 euros
xoves, 30 de agosto do 2018
Hoxe presentouse en BerlÃn o novo Honor Play, un smartphone
da filial de Huawei que busca chamar a atención dos usuarios afeccionados a
xogar no móbil e que xa pode mercarse en dúas
versión: unha normal a 329 euros e unha player
edition que presenta unha carcasa gravada con láser. De pedirse vÃa web a
versión estándar inclúe unha tarxeta de memoria microSDXC de 64 GB valorada en 21,99 euros e a player edition uns auriculares Bluetooth
valorados en 49 euros.
Estamos ante un smartphone de gama media na liña das últimas tendencias, cun
procesador Kirin 970 con GPU que promete un bo rendemento en xogos, 4 GB de
RAM, 64 GB de almacenamento interno, pantalla de 6,3 polgadas con pestana
superior, cámara traseira dual de 16 + 2 MpÃxeles, cámara frontal de 16
MpÃxeles, lector de pegadas dixitais, NFC, baterÃa de 3.750 mAh con carga rápida
por USB-C, un grosor de 7,48 milÃmetros e sistema operativo Android 8.1 con
capa de personalización EMUI 8.2.
O Honor Play conta
con personalizacións especÃficas para os xogos PUBG MOBILE e Asphalt 9:
Legends, como un xeito de deixar clara a vocación gamer deste teléfono.
- O Honor Play promete unha grande potencia gráfica para mover de xeito solvente xogos como PUBG MOBILE
- O Honor Play estándar está dispoñible en 3 cores
- A player edition do Honor Play véndese en dúas cores cunha carcasa gravada a láser