O Huawei Ascend G600 preséntase como un potente móbil con pantalla de 4,5 polgadas

venres, 31 de agosto do 2012 Marcus Fernández

O fabricante chinés Huawei lanzou hoxe o seu smartphone Ascend G600, que apunta algo co sistema operativo Android 4.0, unha pantalla IPS de 4,5 polgadas cunha resolución de 960 x 540 píxeles, procesador de dobre núcleo a 1,2 GHz, 2 altofalantes con son envolvente e unha cámara traseira de 8 Mpíxeles con enfoque automático, prestacións moi superiores ao que nos ten afeitos a compañía, que normalmente comercializaba móbiles de gama media-baixa pensando na súa comercialización baixo a marca de operadores de telefonía móbil.
O Huawei Ascend G600 vai converterse nun dos produtos insignia da compañía chinesa, e aparte das características antes indicadas, tamén conta con Wi-Fi Direct, Bluetooth, DLNA, 768 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, conectividade microUSB 2.0 e incluso NFC. Poderase adquirir en branco e negro nas vindeiras semanas.

O móbil chega cunha pantalla de enorme tamaño e con Android 4.0

PUBLICIDADE